Os produtores do municipios con rexistro sanitario poden participar na iniciativa e para iso deben poñerse en contacto co Concello
Ecos da Comarca/Agolada
Na XXIV Mostra de Artesanía de Agolada, que será o 11 e 12 de agosto, terá lugar un showcooking que ten como obxectivo promocionar os produtos locais.
Todos os produtores do municipio de Agolada con rexistro sanitario que queiran participar nesta iniciativa que se poñan en contacto canto antes co Concello a través do teléfono 986 788 062 ou do correo electrónico prensagolada@agolada.es onde lles daremos máis detalles.
Comentarios