A mocidade #Movealingua polo Día dos Medios en Galego
- Laura Moure
- 10 feb 2023
- 2 Min. de lectura
800 persoas encheron a sala Capitol durante o concerto de Grande Amore e Ortiga
Laura Moure/Xeral
Cada 7 de febreiro Galicia celebra o Día dos Medios en Galego. Unha data que lembra
asaída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por
1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense O Tío Marcos d'A Portela. Para celebralo, a Asociación de Medios en Galego, coa colaboración da Secretaría Xeral de
Política Lingüística, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, organizou nun
ministestival de música galega contemporánea cos concertos de Grande Amore e Ortiga.

Coas entradas esgotadas practicamente en dúas horas, a Sala Capitol acolleu un ambiente
espectacular, no que se demostrou a conexión da rapazada coa música do país, feita na nosa lingua. “Fai máis o que faga Ortiga ou Grande Amore no escenario que o que poidamos dicir todos os políticos sobre a lingua”, apuntaba ben Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística.
Grande Amore puxo a mover a lingua, e o esqueleto, ás 800 persoas que encheron a sala, cos seus ritmos electrónicos e as súas crúas letras. Ver á rapazada cantar a capela “esta pena que a veces teño” foi espectacular.
Ortiga, coa compañía de Cibrán García, o seu alter ego de Boyanka Kostova, sacou a
verbena a rodar, convertindo en cumbias grandes mitos da música popular galega, mesmo
baixando a cantar co seu entregado público.
140 medios
O evento serviu ademais para que a mocidade da capital galega coñecese de primeira man a existencia de 130 medios que utilizamos a nosa lingua como vehículo, entre eles nós, ECOS DA COMARCA. A AMEGA lanzou un vídeo promocional antes de comezar os concertos e os artistas lembraron sobre o escenario a data que celebramos.
A AMEGA está formada a día de hoxe por máis 50 medios. Toda a información en https://mediosengalego.gal/
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments