A meteoroloxía adversa deixa máis de 300 incidencias, segundo os datos recollidos no 112 Galicia
Ecos da Comarca/Xeral

Maioritariamente, as petición de axuda no 112 Galicia estiveron relacionadas coa presenza de árbores caídas nas vías, e tamén o desprazamento de mobiliario urbano e cableado.
Cómpre salientar que en ningunha destas situacións se rexistraron danos persoais, e destacamos a provincia de Pontevedra como a máis afectada en canto ao número de intervencións contabilizadas: 120 ata as 18 horas.
Publicidade
Do mesmo xeito, tivemos constancia de ao menos tres embarcacións que se soltaron do amarre ou a piques estiveron: dúas no Grove e outra en Muros.
En definitiva, 316 incidencias desde as 00:00 ata as 18:00 horas de hoxe, das cales 174 foron árbores e pólas caídas. Igualmente, é importante subliñar a acción dos equipos de emerxencias para evitar riscos maiores, como a retirada temperá de vexetación (42 incidencias deste tipo), e tamén danos no cableado eléctrico e/ou telefónico (27) e obxectos arrastrados polo vento (23).
Publicidade
No reparto por provincias, Pontevedra é a máis afectada con 120 intervencións, entre as que podemos destacar algunha chamada sobre a presenza de bolsas de auga na PO-11 debido á marea alta e ao impulso do vento. Segue A Coruña con 92 incidencias, Lugo con 56 e Ourense con 48.
O principal é que ningunha destas situacións causou danos persoais, e a recomendación na que insistimos é a máxima precaución nas vías.