A meteoroloxía adversa deixa máis de 150 incidencias na fin de semana segundo os datos recollidos no 112
- ecosdacomarca
- 7 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A meteoroloxía adversa deixa máis de 150 incidencias na fin de semana segundo os datos recollidos no 112 Galicia. Entre as 00 horas do sábado e as 15 horas do domingo, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias rexistrou un total de 156 incidentes, ningún deles de consideración.

Como é habitual nestes episodios de meteoroloxía adversa, as árbores e pólas nas estradas convertéronse nas incidencias máis xestionadas no 112 Galicia (70). A continuación, atópanse os restos de accidentes ou terra e pedra nas estradas (23) e os traballos dos servizos de emerxencias para evitar riscos maiores, coma o saneamento de fachadas (17). Os anegamentos en estradas (7), vivendas (3) e en garaxes ou rúas (1) tamén estiveron presentes durante a fin de semana.
En canto ás provincias, Pontevedra (60) e A Coruña (59) foron as máis afectadas, seguidas de Lugo e Ourense, con 25 e 12 respectivamente.
Publicidade
Por último, os Concellos que rexistraron máis casos foron Vigo (13), Santiago (12), Ponteareas (7), A Estrada (6), e Carballedo, Lugo e Outes, con 4.
Convén lembrar que o plan Inungal de vixilancia dos ríos galegos continúa activo a estas horas en previsión de posibles desbordamentos puntuais.
Comments