top of page

A meteoroloxía adversa deixa case 130 incidencias en Galicia durante a xornada de hoxe


Ecos da Comarca/Xeral

A meteoroloxía adversa fai acto de presenza en Galicia, deixando unha xornada marcada por numerosas incidencias nas catro provincias. Segundo os datos recollidos polo 112 Galicia, ao longo do día de hoxe, sábado 19 de abril, xestionáronse un total de 128 incidencias relacionadas co temporal.


As provincias máis afectadas foron A Coruña, con 49 incidencias rexistradas, e Pontevedra, con 48. Séguenlle Lugo, con 19, e Ourense, con 12.

A maioría dos avisos tiveron que ver cos efectos do vento nas estradas, especialmente pola caída de árbores e pólas (61 intervencións), así como a presenza de cables, pancartas, carteis, sinais de tráfico ou postes de luz desprazados ou derrubados (19). Tamén se levaron a cabo unha ducia de actuacións preventivas polos equipos de emerxencia (12), co obxectivo de evitar riscos maiores.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cabe facer unha mención especial ás incidencias relacionadas coa neve e o xeo nas estradas, onde o 112 Galicia rexistrou un total de 11 casos: 1 na provincia de Pontevedra, 6 en Lugo e 4 en Ourense. Entre elas, destacan dúas chamadas recibidas desde Cereixedo, en Cervantes (Lugo), arredor das 17:15 e das 18:00 horas, nas que se solicitaba axuda para varios vehículos que quedaran atrapados pola neve.


Un dos incidentes máis destacados do día produciuse en Mugardos (A Coruña), concretamente na Avenida Seixo, na parroquia de Franza. Cinco minutos antes das dúas da tarde, un particular alertou ao 112 Galicia da anegación dun garaxe, que acabou provocando a rotura dunha tubaxe de gas. Desde o 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Local, do GES de Mugardos e dos Bombeiros de Ferrol. A situación obrigou a cortar o tráfico na zona e a confinar aos veciños do edificio situado fronte á vivenda afectada, mentres que os residentes da vivenda directamente prexudicada foron desaloxados de forma preventiva. Unha vez solucionada a incidencia, as persoas puideron regresar aos seus domicilios e restableceuse a circulación con normalidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o 112 Galicia faise un novo chamamento á cidadanía para extremar as precaucións ante situacións meteorolóxicas adversas e lembrar que, ante calquera emerxencia, se debe contactar co 112.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page