top of page
Perruquería Marisa.gif

A mellora da estrada LU-231 entre Friol e Palas fan necesario o corte de tráfico a partir de martes

Isto prolongarase ata o 23 de maio e haberá desvíos pola estrada provincial DP-1611


Laura Moure/Palas de Rei

As obras da primeira fase de mellora da estrada autonómica LU-231 entre Friol e Palas de Rei farán necesario un corte de tráfico a partir do vindeiro martes, día 8. Este peche de circulación, que se prolongará ata o 23 de maio, ten como obxectivo avanzar nos traballos de acondicionamento dos primeiros 9,4 quilómetros da estrada LU-231: 8,9 situados no concello de Friol e os últimos 500 metros no de Palas de Rei, é dicir, o treito entre a travesía de Friol e o acceso a Castrelo.


Máis en concreto, o corte do tráfico realizarase no tramo da estrada LU-231 comprendido entre os puntos quilométricos 2+100 e 7+400. Para facilitar a circulación dos vehículos habilitaranse os correspondentes desvíos a Palas de Rei e Friol pola estrada provincial DP-1611.

Fonte: Concello de Palas de Rei.

O tránsito estará permitido aos residentes e propietarios de negocios ou leiras, salvo entre os puntos quilométricos 5+250 e 5+600, onde a actuación a calzada completa sobre unha estrutura, que se debe demoler e ampliar, obriga a impedir o paso.


As actuacións

A intervención, á que se destina un investimento autonómico de 2,8 millóns de euros, está en execución desde o pasado mes de agosto e conta cun prazo de execución de 12 meses. As obras céntranse no acondicionamento dos primeiros 9,4 quilómetros da estrada LU-231, no treito entre a travesía de Friol e o acceso a Castrelo.


A sección da estrada ten actualmente un ancho aproximado de 5 metros, polo que os carrís son estreitos e non contan con beiravías. Esta intervención permitirá ampliala ata os 8 metros, con dous carrís de 3,5 m de ancho cada un e beiravías de 0,5 m, salvo na zona con máis edificacións.

As obras recollen melloras do trazado, suavizando as curvas de menor radio. Cabe salientar que se mellorará o cruce do punto quilométrico 2+100 coa estrada provincial LU-P-1611, pola que se chega a Guntín, nun sentido, e a Begonte (A-6), no outro.


A estrada LU-231 ten aproximadamente 18,7 quilómetros desde a travesía de Friol ata o enlace coa A-54 máis próximo ao núcleo de Palas de Rei. A Xunta ten prevista a súa mellora en dúas fases, para o que contratou a redacción de dous proxectos construtivos, estando o segundo redactado e en supervisión técnica.


A execución desta actuación permitirá conformar, xunto coa estrada provincial LU-P-1611, un eixo norte-sur de mobilidade con prestacións axeitadas entre a A-54 en Palas de Rei e a A-6 en Begonte, nun punto moi próximo ao sen enlace coa A-8. Este eixo viario suporá a mellora da competitividade para a produción do sector primario e a industria desta contorna da provincia de Lugo.

110 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page