top of page

A melidense Patri López seguirá un ano máis no Deportivo ABANCA

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Melide

Patricia López Andrés, que naceu en Melide o 29 de octubre de 2000, continuará unha tempada máis nas filas do Deportivo ABANCA, tal e como informa este equipo. Desta maneira, a melidense cumprirá a súa sexta campaña no conxunto blanquiazul, aínda que non saltou ao terreo de xogo de Ponte dos Brozos (Arteixo) o 4 de setembro de 2016 fronte ao Oviedo Moderno CF, no primeiro partido oficial da historia do Deportivo ABANCA, e durante o curso 2017-2018 militou cedida no CPM Friol. Co primeiro equipo, a polivalente futbolista melidense xogou case sempre como lateral, principalmente pola esquerda.

Autor: RCDeportivo.


O seu estreno oficial co primeiro equipo deportivista produciuse na segunda xornada da primeira tempada do Deportivo ABANCA, a 2016-2017, fronte ao Real Sporting de Gijón en terreo asturiano, o 11 de setembro de 2016.


Ademais da cesión ao CPM Friol, Patri López foi alternando participacións co Dépor ABANCA e o Dépor ABANCA B. Co primeiro equipo acumula 44 encontros (16 en Primeira Iberdrola, 27 en Segunda División e 1 en playoff de ascenso a Primeira) e catro goles (todos en Segunda) en competicións oficiais.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page