top of page
Foto del escritorLaura Moure

A media maratón 'Os 21 do Camiño', entre Palas e Melide, celébrase esta fin de semana

Un total de 1.200 persoas participarán nas dúas rutas da proba deste ano


Laura Moure/Melide/Palas

O Concello de Melide será o vindeiro sábado, 15 de xuño, meta da proba deportiva Os 21 do Camiño, a media maratón que une a localidade con Palas de Rei a través do Camiño de Santiago. Un total de 1.200 atletas tomarán parte nesta décima edición da proba que conta con dúas modalidades, a clásica e a de seis quilómetros. A primeira contará con 1.000 corredores, e con 200 a segunda.

Entre as e os corredores que se agardan na presente edición, figuran nomes consagrados

da proba como José Canda, Anxo Castro, Tina Fernández, Gema Martín ou Manu

Lorenzo, entre outros. A saída de ambas as probas será ás 18:30 horas. As e os gañadores das distintas categorías recibirán como premio unha fermosa réplica da ponte melidá de Furelos, realizada en ferro polo artista Jorge Eiroa, co selo de Artesanía de Galicia. A mesma ponte será o motivo principal das medallas da carreira.


Outras actividades o venres, sábado e domingo

A xornada complementarase con actividades durante toda a fin de semana. O venres, 14,

véspera da carreira, os participantes soltarán pernas na Warm-Up, con saída no SofteeSports Training Club de Palas de Rei e chegada no Hotel Balneario Río Pambre onde desfrutarán dun ágape e participarán no sorteo dunhas zapatillas deportivas.


Publicidade

O mesmo sábado pola mañá celebrarase unha carreira de iniciación á orientación para

nenas e nenos, que terán que ir acompañados en cada caso por unha persoa adulta. O

percorrido, apto para todas as idades, será de dous quilómetros. Partirá ás 11 da mañá da

Praza do Convento. Ademais, ata o 24 de xuño, permanece aberto o concurso fotográfico

da media maratón, para fotografías relacionadas coa carreira. Entregaranse tres premios

de 100, 60 e 40 euros respectivamente.


Por outra banda, o mesmo sábado 15, en colaboración co Museo da Terra de Melide, terá

lugar un roteiro dende as 12 horas polo Melide histórico. Servirá para que as persoas

asistentes aprendan máis sobre a vila e a súa importancia xacobea.


Publicidade

Resalta Tato que “dende o noso punto de vista, este centro de saúde debería cederse o Ao día seguinte da carreira, o domingo 16, está convocado un evento de “Plogga”, unha

ecolóxica maneira de practicar deporte que implica a recollida de lixo. Servirá para recoller

e reciclar os refugallos que poidan quedar logo da celebración da proba, como unha forma

de reducir o impacto do evento. Partirá do Cantón de San Roque ás 10 horas. Ás 12 horas terá lugar en Casa Somoza (O Coto) unha charla sobre o proxecto Mares Circulares..

0 comentarios

Коментарі


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page