top of page

A Marea Veciñal de Touro pide un centro de recuperación de materias primas fundamentais

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

E solicita a rexeneración dos aflúentes do Ulla como xeradores de emprego verde no municipio e comarca

A vila de Touro.

Autor: Ecos da Comarca.


A Marea Veciñal de Touro solicita un pleno extraordinario que se celebrará este venres no que pedirá o apoio da corporación local a un proxecto candidato aos fondos europeos Next Generation. O proxecto industrial, que deberá ser incluído pola Xunta entre os seus proxectos candidatos a estes fondos, podería xerar ducias de postos de emprego na comarca dun xeito sustentable e apoiado pola comunidade local, tal e como indica este partido. A proposta está en liña co informe da Comisión Europea denominado Resiliencia de las materias primas fundamentales: trazando el camino hacia un mayor grado de seguridad y sostenibilidad. "Neste informe, ligado á utilización dos fondos europeos de reconstrucción, determínase que as políticas da Unión Europea deben ir encamiñadas a desvincular o crecemento do uso dos recursos a través do deseño de produtos sostibles e o aproveitamento que ofrecen as materias primas secundarias, o que podería xerar un incremento neto de 700.000 postos de traballo na UE de aquí ao 2030", apunta. Explica que "por exemplo, na actualidade máis do 25% da demanda interna dalgúns metais como o ferro, o zinc ou o platino cúbrense con plantas de reprocesamento ou recuperación". Nesta liña está formulado o proxecto proposto pola formación local, que consistiría nunha planta de recuperación de materias primas fundamentais e outras consideradas estratéxicas para a transición enerxética como o cobre, que daría resposta ás demandas plantexadas no documento da Comsión Europea na que se demanda a priorización deste tipo de iniciativas fronte a proxectos de minería a ceo aberto. "Na actualidade grandes cantidades de recursos saen de Galicia en forma de residuos e chatarra (residuos tecnolóxicos…) que se poderían reciclar aquí para convertelos en materias primas secundarias de alto valor engadido", especifica. Inclusión da rexeneración dos ríos O colectivo veciñal aproveitará o pleno para demandar a inclusión da rexeneración dos ríos contaminados pola explotación mineira, aflúentes do Ulla, no proxecto candidato aos fondos europeos da Consellería de Medio Ambiente denominado Mil ríos, "sen menoscabo das pertinentes reclamacións á empresa concesionaria dos terreos mineiros polos traballos efectuados". O colectivo veciñal considera como "un agravio ao concello a non inclusión destes ríos nos proxectos de rexeneración da Xunta a pesares de que constitúen un símbolo da contaminación para os galegos e galegas". A formación local sinala este pleno como "clave para o inicio dunha nova etapa para a veciñanza de Touro, algo que dependerá en boa parte de que o goberno local deixe de defender o interese lucrativo do seu círculo e pase a aceptar propostas que beneficien a todos os veciños e xeren emprego".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page