top of page

A Marea Veciñal de Touro pide ao Concello que adquira medidores de CO2 para negocios e o colexio

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Autor: Ecos da Comarca.

O grupo Marea Veciñal de Touro solicita que o Concello adquira medidores de CO2 para donalos aos negocios do comercio local e centros educativos, con especial mención aos locais de hostalería e ao centro CPI Fonte Díaz.


"A evidencia científica di que a propagación da Covid- 19 dáse fundamentalmente por aerosois polo que a calidade do aire nos interiores dos locais é un factor clave de prevención. Por este motivo, e co obxectivo de axudar ao comercio local nun contexto de crise económica (supermercados, tendas, bares, restaurantes…) , propoñemos que o Concello adquira con fondos propios medidores de CO2 para entregar a estes negocios, e tamén ao centro educativo, ao mesmo tempo que se promove unha política de saúde pública efectiva", demanda este grupo da oposición.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page