top of page
Perruquería Marisa.gif

A Marea Veciñal de Touro organiza unha xornada de asesoramento para solicitar o bono social

A cita será este domingo, día 14, na súa sede situada en Fonte Díaz


Ecos da Comarca/Touro

O principal partido da oposición en Touro, a Marea Veciñal, abrirá as portas do seu local situado en Fonte Díaz o vindeiro domingo 14 a partires das 11 para recibir á veciñanza interesada en solicitar o bono social eléctrico.

"A finalidade do evento é proporcionarlle información personalizada a cada interesado e axudarlle nos trámites burocráticos para solicitar este bono que pode rebaixar a factura até un 70% en determinados casos. Enmarcan está iniciativa na emerxencia social que están padecendo moitas familias polos elevados costes que ten a factura eléctrica e pola excesiva burocracia que implica solicitar o bono social, o que provoca que moitas familias que teñen dereito a el non o den solicitado ou nin sequera saben que lle pertence", indica a Marea. O partido veciñal xa ten organizado con anterioridade xornadas para axudarlle á veciñanza a reclamar as comisións abusivas de ABANCA, para conseguir melloras no transporte metropolitano, información para a exención do IBI nas explotacións gandeiras ou para asesorar sobre o ingreso mínimo vital. "Trátase en definitiva de facer política útil para os veciños e veciñas durante toda a lexislatura e non só nos meses previos ás eleccións", recalca.

190 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page