top of page

A Marea Veciñal de Touro denuncia que a veciñanza deste municipio terá que vacinarse no Pino

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Touro

A Marea Veciñal de Touro denuncia que a veciñanza de Touro está recibindo as citacións para ir a vacinarse ao concello do Pino nun novo capítulo de supresión de servizos médicos no concello tourense.

"Á escasez de médicos pola non cobertura das baixas sumouse a supresión do servizo de pediatría en Touro e traslado ao concello veciño de O Pino, unha decisión apoiada en pleno polo alcalde Ignacio Codesido Barreiro e o resto do seu grupo de goberno. Unha decisión que foi rexeitada por toda a veciñanza a pesares de que a concelleira do goberno Josefa Codesido explicaba no último pleno que ela estaba moi contenta co servizo no Pino e que a supresión do servizo foi unha decisión consensuada coas familias. Unhas declaracións que falsean a realidade e que supoñen un insulto á veciñanza", subliña este partido da oposición.


Así mesmo, recalca que "denunciamos a decisión de levar a cabo a realización da campaña de vacinación no concello de O Pino para os veciños de Touro, algo inédito e que dificulta aínda máis o traslado das persoas maiores. O noso concello camiña cara o peche da atención sanitaria no municipio co apoio do grupo de goberno".

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page