top of page

A Marea Veciñal de Touro demanda ao goberno local proxectos que opten a fondos europeos

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

En concreto aos de recuperación Next Generation para xerar emprego "de calidade e compatible co entorno"


A Marea Veciñal de Touro solicita un pleno extraordinario para reclamarlle ao goberno local a presentación de proxectos que opten aos fondos europeos de recuperación Next Generation. Consideran "inaceptable a pasividade do goberno municipal ante unha oportunidade única para atraer proxectos empresariais ao concello que xeren emprego de calidade dun xeito compatible co entorno".

Touro.


Este partido da oposición ofrécese a achegar ideas de diferentes proxectos relacionados co sector agrogandeiro, forestal e industrial que poderían servir de base para optar a estes fondos e "que se traducirían en ducias de postos de emprego axudando a fixar poboación".


Inclusión nos proxectos da Xunta

Considera como "insólito que o goberno local non teña reclamada a inclusión da rexeneración dos ríos degradados pola mina de Touro entre os proxectos de conservación e restauración da biodiversidade que anunciou a Xunta fai meses e que dan cumprimento ás directrices da Unión Europea e o executivo central para acceder aos fondos Next Generation". Ademais, define "como prioritarias estas actuacións á marxe de que logo se lle esixa á empresa responsable o pago dos custes asumidos. A rexeneración ambiental nos ríos da contorna é urxente e non pode seguir esperando máis anos polo que estamos ante unha oportunidade inmellorable para acabar cun dos maiores desastres ambientais de Galicia".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page