top of page

A Marea Veciñal de Touro acusa ao concelleiro de Medio Ambiente de verter o xurro á cuneta

Puxo os feitos en coñecemento do alcalde co fin de que se paralicen os vertidos e se abra o correspondente expediente sancionador


Ecos da Comarca/Touro

A Marea Veciñal de Touro acusa ao concelleiro de Medio Ambiente de verter xurro á cuneta. "Os cheiros e o crecemento da vexetación na cuneta dunha estrada en Beseño (Touro) xa delataban á veciñanza que algo se estaba vertendo. Pero foi a raíz das obras de formigonado da cuneta que se descubriu que se estaba vertendo xurro máis cal era a súa orixe", asegura este partido da oposición. "Dáse a circunstancia que a orixe do xurro que se verte é da propiedade do concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Puga García, o cal acentúa aínda máis a gravidade dos feitos", afirma.

O vertido que denuncia.

Ademais, sinala que actualmente cas obras en execución o xurro circula pola escavación da cuneta e sobre a propia soleira de formigón. O partido Veciñal de Touro, principal grupo da oposición, puxo os feitos en coñecemento do alcalde co fin de que se paralicen os vertidos e se abra o correspondente expediente sancionador; á marxe das responsabilidades políticas. Para o partido Veciñal de Touro, "estes feitos son un exemplo máis da falla de responsabilidade absoluta por parte dos membros do goberno de Touro".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page