top of page

"A María quitáronlle un motor da súa vida"

A moza melidense María Valcárcel militou no PM Friol e agora este négalle a carta de liberdade para xogar noutro clube en concreto


Laura Moure/Melide

Moitas persoas están volcadas a través das redes sociais cunha moza de Melide a que lle están privando o seu soño: xogar ao fútbol. A protagonista desta historia cargada de inxustiza é María Valcárcel, quen leva case toda a vida practicando este deporte.


Ela militou no PM Friol ao longo de tres campañas e antes de comezar a última asinou por dúas tempadas, e a súa familia subliña que lle indicaron que en caso de querer marchar do equipo o propio clube lle asegurou que non tería problema. Pero chegou ese momento e a realidade é outra. O clube tal e como lamentan non lle deu aínda a carta de liberdade e de feito, o pasado 20 de agosto renovaron a ficha da xogadora, sabendo que non quería continuar.

"Aquí seguimos ca loita e non imos deixala por algo tan vital como é a liberdade dunha persoa...Todos estes clubs que nos apoian, mil gracias e grazas tamén a outros moitos que sabemos que nos próximos días se unirán a este berro (outros que quixeran unirse pero claro, por motivos que moitos sabemos, non lles interesa) aínda que os pais si poden facelo", indica Maika Pintor, a nai de María, quen nos indica como se atopa ela actualmente. "Está mal. Quitáronlle un motor da súa vida, aínda que o certo é que está algo máis animada por todos os apoios que recibe".

Mentres, nas redes sociais, son moitos os que se fan eco da situación de María baixo o lema Por nós, por elas, libres. Instan a que a Real Federación Galega de Fútbol tome as medidas oportunas, xa que este non é o caso illado. Catro xogadoras do SD Amio están pasando polo mesmo pesadelo.

Cabe mencionar que este medio non deu contactado co clube porque tamén é importante coñecer a súa versión e cal é o motivo desta decisión tan drástica. Pero hai unhas horas o clube lanzaba a través das súas redes sociais o seguinte comunicado oficial para falar do caso da melidense.



"Nosotros no retenemos a la jugadora, ni pretendemos que juegue con nosotros o con nadie máis. Nosotros en todo momento le hemos ofrecido la carta de libertad, si su deseo era no continuar con nosotros, para que siga jugando donde quiera, excepto en el CD Lugo", sinala o PM Friol.

Por suposto, tras estas palabras a nai de María tamén se pronunciou a través das redes sociais. Este é o seu comunicado:

Mirade señores: María por sorte podería xogar en varios equipos, porque tódolos anos ten máis dunha oferta,(e por algo será). Pois ben, ela é LIBRE pa decidir en cal quere xogar porque se trata dunha xogarora non profesional, claro que nos ofreceron outros clubs. Pedir eles a carta e despois dala de baixa, incluso fóra de Galicia.....pero.....esta é a cuestión?????? Señores eu non quero engañar a nadie, non vamos facer esa filigrana por conseguir a súa libertade. Ela quere xogar no CD Lugo onde este ano se trasladou a estudiar e porque SI.

Que triste que teñas que contar todas esas mentiras sobre o seu comportamento, a súa vida persoal etc ensuciando así a súa traxectoria no mundo do fútbol. Vas ter moito que buscar pa encontrar alguén que te respalde nese tipo de acusacións.... xogadoras, entrenadores, familias,etc

E por último, que engañados nos tiñas, pisotear así a alguén que confiaba no teu proxecto, que estivo sempre dándoche ánimos tanto no primer equipo como para o segundo que é onde xogaba a miña filla (isto polo que pon de que rechazaba ir a partidos porque para xogar pouco....ela ten máis vida e estaba nun curso moi complicado de 2 BAC e preparando Selectividade, pero vós debedes pensar que non hai vida ). Ese que pisoteastes poñíavos sempre mensaxes de apoio e ánimo Jose ( Pódese ver sempre nas redes en tódalas publicacións do Friol), apoio por certo, que non vexo moito do teu entorno, pero María si que tiña apoio do seu entorno e iso parece que non che gustou moito, porque como non sabes o que quere dicir Amigos.


En fin.....pasiño a pasiño, onte víñenme abaixo, pero hoxe vexo moito máis claro que isto ten un fin pola vosa parte económico e persoal con outro club e a nosa filla é a moneda que está a pagar iso.....pero CA MIÑA FILLA NON SE MERCADEA, NON É NIN DA MIÑA PROPIEDADE PA SER DA TÚA QUE NON INVERTICHES UN EURO NELA.


"A nosa filla é a moneda que está a pagar iso.....pero CA MIÑA FILLA NON SE MERCADEA, NON É NIN DA MIÑA PROPIEDADE PA SER DA TÚA QUE NON INVERTICHES UN EURO NELA", indica a nai da melidense

Cada quen que saque as súas propias conclusións, pero todo parece indicar que é nunha guerra entre dous clubs a gran danmificada está sendo María.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page