A Mancomunidade do Camiño Francés presenta en Arzúa a guía “Saborea o Camiño Francés"
- Laura Moure

- 26 feb
- 1 min de lectura
Será accesible para todo o mundo en galego, castelán e inglés
Laura Moure/Arzúa

A queixería Barral de Arzúa acolleu, coincidindo coa renovación das súas instalacións, a presentación da guía gastronómica da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, coa que se pretende amosar un Camiño de sabores. Nesta presentación os Alcaldes e Representantes dos concellos na Mancomunidade estiveron acompañados do Director da SA Xacobeo, Ildefonso de la Campa Montenegro.
Publicidade
“Saborea o Camiño Francés” non é unha guía gastronómica ó uso, comenta a presidenta, Begoña Baldo Conde. “Pode que non teñamos chefs estrela michelínou restaurantes de 5 tenedores, pero o que si temos é produto, moi bo produto. Produto propio, diferenciado e en ocasións único, en definitiva, producto que hai que probar, saborear e deixarse sorprender por el”.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Esta guía, céntrase en catro puntos, iguais para os once concellos:
Un produto que conta a súa historia.
Un apartado con máis sabores que existen no concello en cuestión.
Unha receita das moitas que podería haber.
E un pequeno apartado chamado gastroaxenda, con aquelas feiras e eventos
gastronómicos da cada concello e será accesible para todo o mundo en galego, castelán e inglés na páxina https://issuu.com/caminofrances.







Comentarios