top of page

A maior lanparty galega celebra do 10 ao 12 de outubro unha edición centrada en intelixencia artificial

Será o seu 25º aniversario e reúne cada ano a centos de profesionais e afeccionados ás novas tecnoloxías e o ocio electrónico na Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda


Laura Moure/Silleda

A maior lanparty galega, a XGN Intermax celebrará o seu 25ª aniversario do 10 ao 12 de outubro. E farao cunha edición especial centrada na intelixencia artificial, a XGN Intermax AI Edition. Este evento contará de novo coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet, aínda que nesta ocasión engadirá un espazo expositivo coa IA como protagonista. Así, como é habitual, a Intranet, orientada a inscritos, permitirá desfrutar dun posto con conexión de altas prestacións e dará dereito tanto a acampar como a participar en actividades exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os participantes como para quen visite o recinto.


Pola súa banda, a zona expositiva estará destinada a empresas centradas en desenvolvemento de modelos de IA, plataformas de infraestrutura desta tecnoloxía ou

consultoras personalizadas, entre outros tipos de compañías. Esta pequena mostra será o

xerme dunha futura feira especializada nesta tecnoloxía emerxente.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

En canto á dispoñibilidade destas áreas, a Intranet estará operativa para inscritos dende o

día 10 ata o 12 outubro á primeira hora da tarde, aínda que poderán acceder xa ao recinto

o día 9 ás 16.00h na chamada preparty. Respecto á Extranet e Exposición centrada en IA,

poderase acceder o 10 e 11 de outubro de 10.00h a 20.00h, de forma gratuíta.


Formación, entretemento e, tamén negocio, serán así os eixos desta edición especial, que

contará de novo co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party, a través da Consellería

de Cultura, Lingua e Xuventude, e tamén co patrocinio oficial de Intermax Technology.

Grazas a esta compañía tecnolóxica galega, a cal se incorporou ao proxecto o ano pasado, os participantes poderán navegar por segunda vez a unha velocidade de ata 40

Gbps, o dobre do que se alcanzaba antes da implicación de Intermax Technology no

evento.


Programa con destacada presenza da IA

Esta cita tecnolóxica volverá contar cun programa de actividades moi variado tanto para os inscritos como para os visitantes, o cal busca tanto a aprendizaxe como o entretemento.


En canto a contidos, a intelixencia artificial terá unha importante presenza tanto en conferencias como en talleres tecnolóxicos interactivos, ademais de protagonizar a que se

chamará “Zona Gaming + IA”. Así mesmo, entre os diversos creadores de contido que

participarán no evento, algúns deles están especializados en IA.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Apertura de preinscricións, onte

Para participar na XGN Intermax AI Edition, a organización abriu onte, mércores 3, o seu

prazo de preinscricións, mentres que o de reservas comezará o vindeiro 10 de setembro.

Será entón cando os rexistrados poderán tamén seleccionar os seus postos, o que

facilitará aos participantes que acudan en grupo situarse na mesma zona da party. A

preinscrición e reserva deben realizarse a través da web do evento,



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page