top of page

A médica agoladesa Loli Varela Costa dará unha charla o 6 de abril en Agolada

O encontro está promovido por Bico da Balouta


Laura Moure/Agolada

O grupo de música tradicional de Agolada Bico da Balouta promove unha nova charla informativa da médica agoladesa Loli Varela Costa, especialista en neurocirurxía, e que está enmarcada dentro do ciclo #EnClaveDeTalento, que pretende divulgar e poñer en valor o talento aqualatense.

"A doutora achegaranos a resposta a distintas cuestións. Teremos a oportunidade de conversar con ela acerca da súa traxectoria profesional e descubrir a súa faceta máis persoal", sinala Bico da Balouta.


Publicidade

O encontro será o 6 de abril ás 19:30 horas no Auditorio Manuel Costa Casares, que precisamente leva o nome de seu avó, que foi alcalde do municipio.


Publicidade

Baixo o título: Patoloxía Dexenerativa Lumbar: Prevención e Tratamento abordaranse preguntas como: Cales son as lesións de columna máis frecuentes?, Como podemos evitalas?, Cando debemos consultar cunha persoa especialista? ou Que opcións hai de tratamento?



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page