top of page

A literatura será a gran protagonista esta fin de semana na parroquia lalinense de Noceda

Ao longo dos días 26 e 27 pasarán por esta aldea Xurxo Souto, Cris Collazo, Bea Rodríguez, Susana Sánchez Aríns, Josito Porto, Sabela Dacal, Rafa Otero e Celso Fernández Sanmartín (Celsiño) .


Laura Moure/Lalín

Literatura no Rural é o nome dunha iniciativa que terá lugar esta fin de semana na parroquia lalinense de Noceda que incluirá ademais de literatura tamén música. A cita será no centro social desta aldea.

"É unha actividade que nos fai moita ilusión compartir con todos vós, dentro do proxecto Noceda Cultura no Rural. Un proxecto colectivo que naceu do asociacionismo cultural na nosa parroquia na que pretende achegar a cultura o rural en diversos e diferentes formatos como teatro, música, natureza, medio ambiente e/ou literatura. No que o Festival de Música NocedaRock é o xerme principal dentro deste proxecto cultural rural e a actividade máis coñecida organizada pola Asociación Cultural Xuventude Bolarqueira", recalca a organización.

Desta maneira, continúan achegando actividades a súa aldea. Será unha programación, como se apreza no cartel, que incluirá un obradoiro e encontros literarios, música... Así ao longo dos días 26 e 27 de novembro pasarán por Noceda Xurxo Souto, Cris Collazo, Bea Rodríguez, Susana Sánchez Aríns, Josito Porto, Sabela Dacal, Rafa Otero e Celso Fernández Sanmartín (Celsiño) .


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page