A IV Festa da Rapazada encherá hoxe de xogos e diversión a parroquia cruceña de Piloño
Esta iniciativa está organizada conxuntamente pola asociación Garatuzas e o Concello de Vila de Cruces
Laura Moure/Vila de Cruces
A parroquia cruceña de Piloño celebra hoxe, venres 31 de xullo, a cuarta edición da Festa da Rapazada, unha cita que se consolida como un dos principais referentes de lecer familiar do verán na comarca. Esta iniciativa está organizada conxuntamente pola asociación Garatuzas e o Concello de Vila de Cruces, co propósito de dinamizar a tempada estival da mocidade e crear un entorno de diversión segura. O evento terá lugar
no antigo campo da festa de Piloño e as actividades darán comezo a partir das 16:00
horas, estando dirixidas a nenos, nenas e mozos de entre 3 e 18 anos.

PUBLICIDADE
A programación desta xornada inclúe unha variada oferta de entretemento con inchables
xigantes, ludoteca e unha zona de colchóns para o goce dos participantes. Un dos momentos centrais do evento será a actuación de Brais das Hortas, prevista para arredor
das 20:00 horas, quen ofrecerá un espectáculo de humor e sorpresas grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea. Para
completar a animación, a música de DJ Santi será a encargada de poñer o peche á celebración.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Ao longo de todo o día, os asistentes tamén poderán participar en diversos sorteos con
premios cedidos por empresas locais. Así mesmo, disporase dunha zona gastronómica
con prezos populares onde se ofrecerán hamburguesas, xeados e bebidas grazas á
colaboración de Celtaporc, Orixes Galegas e Xearte Brigitte.
PUBLICIDADE
O acceso ao recinto é gratuíto para os adultos acompañantes e para os socios de Garatuzas, mentres que para o menores de 3 a 18 ano non asociado a entrada ten un custo de 10 euros por participante, que poderá abonarse hoxe mesmo no lugar da festa.










Comentarios