top of page

A inspectora informou á ANPA A Santaia de Touro que vai volver pedir a profesora de Inglés

A asociación indica que se o vindeiro martes non obtén ningunha resposta, anunciará os seguintes pasos que vai tomar


Laura Moure/Touro

A concentración deste xoves.

Este xoves, aproveitando o día de feira, veciños e veciñas de Touro concentráronse ás portas do CPI Fonte Díaz convocados pola ANPA A Santaia para evitar que a Xunta leve a cabo recortes no pofesorado tal e como anunciou para este vindeiro curso. (Reivindicacións no seguinte vídeo)

Vídeo da concentración do pasado 5 de setembro.


"Na reunión que tivemos onte (polo xoves) coa inspectora contounos que vai volver pedir a profesora de Inglés. O luns ou martes saberemos algo. Se o martes non obtemos ningunha resposta, seguiremos informando dos seguintes pasos que imos tomar", indica a ANPA.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Pola súa banda, o Concello de Touro mostra todo o seu apoio á asociación de nais e pais e tamén esixe á Consellería de Educación que non se leven a cabo estes recortes "porque os nosos cativos teñen os mesmos dereitos".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page