top of page

A innovación nas presentacións e elaboracións foi a aposta da EFA Piñeiral na Festa do Melindre

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa/Melide

As “Galetras” e as “Cunchinas de rico” foron as elaboracións escollidas polo centro de formación profesional arzuán Efa Piñeiral para seren exhibidas nesta 30 edición da Festa do Melindre de Melide coma unha homenaxe á versatilidade da repostaría tradicional de Melide. Os melindres incoporáronse, ademáis, a orixinais presentacións coas que o alumnado do ciclo da Efa Piñeiral sorprendeu a a asistentes e profesionais; “Doce Camiño” e “Sons de Foliada” renden tributo ó Camiño de Santiago, á artesanía e ó patrimonio cultural no seu conxunto.

O alumnado do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría realizou no stand unha demostración coas “Galetras” como protagonistas; orixinais galletas en forma de letra feitas con base de fariña de rico, recheas de queixo D.O.P Arzúa e rematadas con orixinais toppings de froitas.


Showcooking

O centro arzúan protagonizou xunto coa EFA A Cancela de As Neves a “Demostración Doce” o pasado xoves. O showcooking consistiu na elaboración e degustación de sobremesas concebidas e executadas polo alumnado do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría; “Timbal de rico, chocolate e limón” e unha “Tatin de mazá con crumble de rico” foron as propostas da Efa Piñeiral. “O timbal é unha aposta de alta repostaría mentras que o tatin é unha proposta inspiracional, facilmente incorporable a calquer concepto de restauración", explicaron Estela e Lucía, as alumnas encargadas de liderar a demostración”.

https://www.ecosdacomarca.com/contacto

“Gústanos que a Festa do Melindre, un evento que achega tanta visibilidade ó sector da

repostaría e pastelaría, sirva para visibilizar a riqueza do excelente produto tradicional da nosa terra e as súas infinitas posibilidades tanto á hora de elaborar como á de presentar, e para poñer en valor a profesión de reposteiro e confiteiro, a cal nos consta goza dunha excelente empleabilidade”, indica Ana Saavedra Garcia, directora do centro de formación profesional.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page