top of page

A informática, as novas tecnoloxías e o ocio electrónico, na XGN Intermax do 10 ao 12 de outubro

Será na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda)


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda) volverá reunir a profesionais e afeccionados á informática e as novas tecnoloxías do 10 ao 12 de outubro. Será na 25ª edición da maior lanparty galega, a XGN Intermax.


Este evento contará de novo coas súas zonas tradicionais, a Intranet e a Extranet, as cales se situarán nos dous pavillóns principais do recinto, con 10.000 metros cadrados cada un deles. En canto á primeira, orientada a inscritos, permitirá desfrutar dun posto con conexión de altas prestacións e dará dereito tanto a acampar como a participar en actividades exclusivas, mentres que a Extranet ofrecerá un completo programa de propostas tanto para os participantes como para quen visite o recinto.

Formación, intercambio de experiencias e entretemento volverán ser os eixos desta edición de 2025, que conta co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party, e dende o

ano pasado con Intermax Technology como patrocinador oficial. Grazas a esta

compañía tecnolóxica galega os participantes poderán navegar por segunda vez a unha velocidade de ata 40 Gbps, o dobre do que se alcanzaba antes da implicación de Intermax Technología no evento.


A organización xa está a deseñar a cita, que continúa tendo como obxectivo converterse na segunda lanparty a nivel nacional.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Lecer e aprendizaxe no seu programa

A XGN Intermax contará de novo cun programa de actividades moi variado tanto para os inscritos como para os visitantes que acudan á Extranet, o cal busca tanto a aprendizaxe como o entretemento.


Novidades e propostas xa habituais que contan con gran éxito todos os anos uniranse nunha programación que incluirá competicións, talleres, conferencias, actividades de realidade virtual e tamén os xogos máis diversos.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page