top of page

A incansable Montse: tribuna libre do PSOE de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Compartimos esta tribuna libre que nos manda o PSOE de Lalín polo falecemento de Montse Silva, muller do socialista lalinense Román Santalla, quen encabezou esta lista nas eleccións de 2019 e quen ocupa nestas o posto de honra da candidatura de Alba Forno.


A incansable Montse

Nunha xornada que tiña que ser ledicia, ao grupo socialista asolounos a triste partida da incansable Montse. Foi moito tempo loitando contra a enfermidade sen perder o sorriso e as forzas. Lembramos como hai catro anos estaba deixando os folgos na campaña na que se presentaba o seu compañeiro de vida, Román Santalla. Non houbo labor que se lle resistise, porque así era ela, unha muller loitadora, traballadora e firme defensora do que pensaba.


Ao carón dela nesta loita, Román, quen deixou todos os esforzos nesta pelexa, sen renderse nunca. Honrarao que a antepuxo por riba de todo, a pesares das críticas. Para el os catro anos de concelleiro en Lalín sempre estarán tristemente marcados.


“A nosa Montse”, dicíamos sempre que falabamos dela. Porque ela era unha das nosas, das que sempre estaba para nós e para todos, para axudar en calquer evento, festa, traballo ou viaxe que houbese que facer. Non se lle resistía nada, a pesares de que en moitas ocasións os folgos non fosen os suficientes. Era e seguirá sendo, porque quen permanece nas nosas lembranzas, seguirá para sempre entre nós.


A Román, Dani, Álvaro, Inés e demais familia, dende o PSOE de Lalín trasladámoslle todo o agarimo e forza.


Nunca te esqueceremos e sempre serás lembrada pola túa loita, incansable Montse.


Alba Forno, candidata á Alcaldía.



Dende o equipo de ECOS DA COMARCA sumámonos ás condolencias e amosamos o noso máis sentido pésame a todos os seus seres queridos. D.E.P.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page