top of page

A II Ruta Cabalar de Artoño celebrarase o 8 de xullo

O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará o día 4 dese mes


Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

O éxito do ano pasado, xa facía ver que habería unha segunda edición. Falamos da II Ruta Cabalar de Artoño (Agolada), que nesta ocasión se celebrará o sábado, 8 de xullo. O prazo de inscrición xa está aberto.


Os irmáns García, Iván e Juan Carlos, os artífices desta iniciativa, agardan que a xente se anime e que volva a ter tan boa acollida. O ano pasado participaran uns 80 xinetes.

Os irmáns García con Martín, o máis pequeno da organización. Autor: Ecos da Comarca.

O campo da festa de Artoño será o punto de saída da ruta e a chegada dos participantes está estipulada para as 14:00 horas para arrancar ás 15:30 horas, polo que a organización pide puntualidade. O traxecto, case similar ao do ano pasado, transcurrirá polas parroquias de Artoño, Berredo e A Baíña, pasando tamén polo lugar da Cornella, situado entre os concellos de Agolada e Santiso.


"Durante a ruta contaremos con dúas paradas con bebida e pinchos para repoñer forzas", sinala a organización que ademais indica que é un percorrido apto para carros.

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A xornada completarase cunha cea. O prezo da ruta e da cea será en total 25 euros e é obrigatorio presentar a entrada para participar nos actos. O prazo para anotarse xa está aberto e finalizará o 4 de xullo. Os interesados en asistir deber inscribirse a través dos seguintes teléfonos: 650 924 879 (García), 610 319 702 (Juanki), 696 653 811 (Sylva) e 654 922 967 (Fran).


"Cada xinete farase cargo dos danos do seu cabalo", recalca a organización. Ademais, haberá servizo de ferrador.

Organizadores e colaboradores co cartel da iniciativa. Autor: Ecos da Comarca.

A cita rematará con música "ata que o corpo aguante e é de libre asistencia", subliñan os irmáns García. O ritmo marcarao a partir da medianoite Bais 7 Disco Móvil e a Charanga Os Pendellos. "Haberá sorteos durante a verbena. E queremos recalcar que todas as persoas que o desexen poderán asistir á ruta e á cea, teñan ou non cabalo".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

ECOS DA COMARCA o ano pasado non perdemos esta ruta! E este ano alí estaremos de novo! Queredes ver como fora a primeira? Mirade no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-i-ruta-cabalar-de-arto%C3%B1o-congregou-a-uns-80-participantes

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page