top of page

A II Marcha Cicloturista BTT Arzúa – Destino Verde contará cunha Mini BTT para a cativada

A cita, que se celebrará este domingo 24 de maio, reforza o seu carácter familiar cun espazo infantil que incluirá tamén un inchable


Laura Moure/Arzúa

A II Marcha Cicloturista BTT Arzúa – Destino Verde, que se celebrará este domingo 24 de maio a partir das 9:30 horas, contará tamén cunha programación especial dirixida á cativada, reforzando así o carácter familiar e participativo desta cita deportiva organizada pola Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, e que conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de empresas e entidades do municipio.

Entre as actividades previstas destaca a celebración dunha Mini BTT infantil, que terá lugar ás 12:00 horas nas inmediacións da saída da proba e na que os nenos e nenas poderán participar sen necesidade de inscrición previa. Ademais, a organización instalará un inchable para que os máis pequenos poidan seguir desfrutando da xornada nun ambiente lúdico e pensado para todas as idades.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Begoña Balado destacou a vontade de seguir facendo da BTT Arzúa – Destino Verde unha

cita aberta a todos os públicos”: “Queremos que esta xornada sexa tamén unha experiencia para desfrutar en familia, creando actividades para a cativada e facendo que a BTT se converta nun evento pensado non só para os participantes, senón tamén para acompañantes e visitantes”.


A cita deportiva continúa medrando nesta segunda edición e contará este ano con tres

opcións de percorrido adaptadas a diferentes niveis:

  • Ruta curta: 32 km (+503 m)

  • Ruta intermedia: 49 km (+1.027 m)

  • Ruta longa: 70 km (+1.665 m)

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A organización continúa traballando nos preparativos dunha xornada que combinará deporte, natureza, turismo activo e ambiente festivo.


As inscricións continúan abertas e poden realizarse a través da web:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page