top of page

A II Liga de Fútbol Sala disputarase en Melide con sete equipos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os partidos serán todos os mércores no polideportivo


Laura Moure/Melide

A Liga de Fútbol Sala de Melide volve un ano máis nunha segunda edición que pon de manifesto tanto o arraigo desta modalidade deportiva no municipio como o éxito da I Liga. Un total de sete equipos de toda a área melidense competirán novamente en partidos que se celebrarán cada mércores, entre as 21 e as 23 horas, no pavillón polideportivo municipal.

O concelleiro de Deportes, José Prado, amósase satisfeito por “acadarmos unha nova edición desta competición, o que demostra que existía e que existe, e medrando, interese entre a afección melidá por contar cun evento destas características. Un ano máis, a Liga de Fútbol Sala de Melide articúlase como unha actividade deportiva alicerzada nos valores da diversión e o desfrute, antes que pola competitividade".


Novamente serán sete os equipos participantes chegados de todo Melide, nunha

competición na que o ano pasado o equipo Pub Mytho alzouse como vencedor. Prado sinala que con esta nova edición da Liga o fútbol sala conságrase como un dos “eixes fundamentais” do deporte na localidade, á par de eventos como a Liga de Pádel, as andainas ou as Escolas Deportivas. “Novamente, máis de 70 persoas van ter a

oportunidade de achegarse de novo a este deporte”, reivindicou.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A celebración dunha nova edición da liga permite, igualmente, manter unha ocupación

constante das instalacións deportivas municipais. “Nos últimos anos estamos a sacarlle

moito partido ás instalacións deportivas con que contamos”, explica o edil. “A veciñanza

sabe que ten ao seu dispor espazos para a práctica deportiva e, o máis importante, para

socializar cos seus veciños e amigos, sempre co deporte como actividade e como valor”, recalca o concelleiro.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page