top of page

A II Concentración Motoclub Motouro celebrarase o 13 de xuño en Touro

As inscricións están abertas ata o 6 de xuño

Laura Moure/Touro

O municipio de Touro acollerá o vindeiro sábado 13 de xuño a segunda edición da Concentración Motoclub Motouro, unha cita que reunirá afeccionados ao mundo das dúas rodas nunha xornada chea de actividades, convivencia e espectáculo.

O evento, organizado polo Motoclub Motouro coa colaboración do Concello de Touro, contará cun amplo programa que dará comezo ás 10:00 horas coa recollida de inscricións no campo da festa de Touro. Ás 11:00 horas realizarase unha ruta moteira pola contorna, seguida dun vermú amenizado por DJ Javi Machito ás 13:00 horas.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A partir das 14:15 horas terá lugar o xantar para os inscritos, cun menú composto por polbo e churrasco a fartar, sobremesa e café. O prezo da inscrición é de 40 euros, incluíndo tamén os pinchos da ruta. Os menores de 10 anos poderán participar por 15 euros.


Un dos momentos máis agardados da xornada chegará ás 17:30 horas, coa exhibición de acrobacias a cargo de Jaque Stunt & NH-Pina Stunt Team, que ofrecerán un espectáculo de gran nivel para o público asistente. A programación completarase cunha tarde de música con DJ Javi, probas de son e diferentes sorpresas preparadas pola organización. Ademais, entregarase un premio ao motoclub máis numeroso.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

As inscricións permanecerán abertas ata o 6 de xuño, e os interesados deberán formalizar o pagamento mediante transferencia bancaria e enviar posteriormente o correspondente xustificante aos membros da organización: 608 68 24 34 (Manuel) ou 667 79 01 67 (Jesús).

Desde a organización agardan superar a participación da primeira edición e consolidar esta concentración como unha das citas de referencia para os afeccionados ao motociclismo na comarca e na provincia. “O ano pasado foi un gran éxito, a xente quedou contenta, motivo polo que decidimos repetir e convidamos a asistir a esta cita que inclúe unha programación variada”, sinala Manuel Calvo, membro da organización, que engade que contan con asistentes das catro provincias galegas. Ademais, resalta que este tipo de eventos serve para promocionar os encantos de Touro. “Nós durante todo o ano asistimos a outras rutas levando tamén o nome do noso concello por distintos lugares e facendo que durante esta xornada nos visiten xente de toda Galicia”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page