top of page

A II Carreira e Andaina Solidaria 'Camiñando Polo Dano Cerebral" será o 2 de xullo en Lalín

Xa está aberto o prazo de inscrición


Laura Moure/Lalín

A Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ volve en 2023 para dar continuidade ao labor que realiza a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) para a promoción duns hábitos de vida saudables -que pasan necesariamente por evitar o sedentarismo-, promovendo a organización de actividades deportivas para todas as idades. Nesta ocasión a cita vai ser no quilómetro cero de Galicia, Lalín, o domingo 2 de xullo.

A cita deportiva solidaria co colectivo do dano cerebral adquirido volve contar este ano coas modalidades de carreira e de andaina, e está aberta tanto a persoas adultas como a todas as categorías escolares. Unha vez máis, a proba deportiva de FEGADACE está inserida no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, onde se pode consultar o regulamento.


A inscrición está xa aberta en www.carreirasgalegas.org (poderá tramitarse ata o xoves 29 de xuño ás 23:59 horas.). No mesmo enderezo é posible realizar xa unha doazón ao Dorsal 0, para aquelas persoas que non vaian poder asistir. O evento comeza ás 9:15 horas coa apertura das mesas de recollida de dorsais e o servizo de gardarroupa.


As modalidades de inscrición, xunto cos seus prezos, distancias e importes, son as que seguen:

O lugar de saída e meta de todas as probas é a Praza de Galicia, fronte o edificio do Concello de Lalín. Alí mesmo estará situada a secretaría da competición, lugar da recollida de dorsais e agasallos. As persoas participantes poderán recoller o seu dorsal desde as 9:15 ata 15 minutos antes de cada proba. Na mesma área situarase o posto de entrega de avituallamento, sólido e líquido, que se ofrecerá a todas e todos os participantes ao seu paso por meta.

 

A Federación Galega de Dano Cerebral promove e organiza esta proba, contando coa

colaboración da Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle e do centro Encuentra tu Potencial, e co apoio da Federación Galega de Atletismo e do Concello de Lalín.

Deporte e dano cerebral adquirido

A Federación Galega de Dano Cerebral xa organizou en 2021 un Trail e Andaina Solidaria, e a I Carreira e Andaina Solidaria Camiñando Polo Dano Cerebral en 2022. A promoción duns hábitos de vida saudable é unha prioridade para FEGADACE, principalmente por dous motivos:


1. A prevención do dano cerebral adquirido, xa que a práctica de exercicio, unha dieta

equilibrada e, en definitiva, unha vida sa, axudan a evitar o ictus. Esta é a principal

causa do dano cerebral, e conta entre os seus factores de risco coa obesidade, o

sedentarismo, a diabetes ou o estrés.


2. A prevención de situacións de dependencia, ou de que estas se agudicen, no caso das

persoas con dano cerebral adquirido. Un bo ton físico axuda a manter a autonomía

persoal e reforzar a autoestima.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page