A II Andaina dos Montes do Bocelo, Teito da Coruña entre Melide e Toques será o día 12 de outubro
Xa está aberto o prazo de inscrición
Laura Moure/Terra de Melide
Os Concello de Melide e Toques organizan, coa colaboración da Asociación Deportiva Cerne, Cartotec Gabinete e Deputacion da Coruña, a segunda edición da andaina que une ambos concellos a través do punto máis alto da provincia, O Coto Pilar, 803 metros de altitude. Será o 12 de outubro desde o Concello de Toques ou de Melide.

Haberá autobuses na cima para desprazarse ás zonas de saída de ambos concellos. Xa está aberto o prazo de inscricións. Pode ser de maneira presencial en ambos Concellos, a través da aplicación Sporttia ( Dispoñible en iOS e Play Store) ou dos teléfonos 981 505 003 EXT 2103, 620605781 (Deportes Melide) e 626445816 (Deportes Toques).
As persoas inscritas recibirán a ubicación da saída así como o tracking por se queren navegar polo percorrido.