Laura Moure/IsmaelRS/Melide
Unha gran estrutura resalta no lugar de As Cazallas (Melide). Estas paredes non pasan desapercibidas ante os condutores que circulan pola estrada, que a uns metros se adentrará na vila de Melide.
Son moitas as preguntas feitas ao redor desta construción. O que semella que pode tratarse das ruínas dunha igrexa cuxas paredes soportan o paso dos anos, en realidade é un soño incumprindo. Os veciños do lugar contan que este templo nunca se chegou a acabar a pesar da loita e dos esforzos do párroco e dos lugareños.
Aínda que inacabada, xa forma parte da historia deste lugar e da súa xente.
Autor: Ecos da Comarca
Comments