Xa se poden facer as reservas
Laura Moure/A Ulloa
A localidade de Monterroso acollerá o 24 de xullo o concerto Resoando no Camiño. O compositor, construtor e multiinstrumentalista internacional Abraham Cupeiro achégase a Monterroso para o seu primeiro concerto a través da Mancomunidade do Camiño Francés para potencializar internacionalmente o principal camiño a Santiago, o Camiño Francés. Esta iniciativa tamén se levará a cabo noutros municipios como Arzúa ou Palas de Rei.
Como novidade o concerto será na igrexa parroquial de San Miguel ás 20:00 horas.
A reserva de entradas poderase facer presencialmente esta semana nas dependencias do Concello ou chamando o teléfono 982 377 001.
תגובות