Ecos da Comarca/Lalín
O pasado 1 de novembro a parroquia de Lalín puxo en marcha unha campaña para recadar fondos para as persoas afectadas polo desastre producido pola DINA. Por iso, as colectas das 𝗺𝗶𝘀𝗮𝘀 𝗰𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗻𝗮 𝘀𝗼𝗹𝗲𝗺𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗲 𝗧𝗼́𝗱𝗼𝗹𝗼𝘀 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗼𝘀 𝗲 𝗻𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼𝘀 𝗙𝗶𝗲𝗶𝘀 𝗗𝗲𝗳𝘂𝗻𝘁𝗼𝘀 en Lalín, Donramiro, Bendoiro, Donsión, Filgueira e Prado adicáronse a este fin. Nelas recadáronse 6.877 euros.

"Ademais, tódalas parroquias da nosa diocese fomos invitadas polo noso bispo, monseñor Alfonso Carrasco, a realizar 𝗼𝘂𝘁𝗿𝗮 𝗰𝗼𝗹𝗲𝗰𝘁𝗮 𝗲𝘅𝘁𝗿𝗮𝗼𝗿𝗱𝗶𝗻𝗮𝗿𝗶𝗮 para o mesmo fin este pasado domingo 10 de novembro, Día da Igrexa Diocesana: "𝗻𝗼𝗻 𝗵𝗮𝗶 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿 𝗺𝗮𝗻𝗲𝗶𝗿𝗮 𝗱𝗲 𝘀𝗲𝗿 𝗜𝗴𝗿𝗲𝘅𝗮 𝗗𝗶𝗼𝗰𝗲𝘀𝗮𝗻𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝘃𝗶𝘃𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗮𝘀𝗶́ 𝗮 𝗰𝗮𝗿𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗱𝗼 𝗺𝗼𝗱𝗼 𝗺𝗮́𝗶𝘀 𝗿𝗲𝗮𝗹𝗶𝘀𝘁𝗮"", sinalan dende a igrexa de Lalín.
Publicidade
"Secundamos esta invitación e nas misas que se celebraron en Lalín e Donramiro os fieis entregaron para os afectados polas graves inundacións a cantidade de 𝟮.𝟰𝟮𝟴 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀.
En total, entre as dúas colectas, os fieis destas parroquias 𝗱𝗼𝗻𝗮𝗿𝗼𝗻 𝟵.𝟯𝟬𝟱 𝗲𝘂𝗿𝗼𝘀.
Moitas grazas!", agradece a igrexa.
Comentarios