A igrexa parroquial de Arzúa acollerá o día 20 unha misa en memoria de Pilar Díaz
- ecosdacomarca

- 16 feb
- 1 min de lectura
Era profesora da EFA Piñeiral desta localidade e faleceu o pasado venres nun accidente de tráfico
Ecos da Comarca/Arzúa
A comunidade educativa de Arzúa e do movemento EFAs en Galicia está de loito polo falecemento de Pilar Díaz-Caso, docente e ex directora da EFA Piñeiral desta localidade, centro no que desenvolveu unha ampla traxectoria profesional vencellada á formación e ao acompañamento do alumnado. Díaz, de 56 anos, faleceu o pasado venres nun accidente de tráfico no municipio de Curtis. https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-colisi%C3%B3n-entre-dous-veh%C3%ADculos-deixou-unha-persoa-falecida-e-outra-ferida-en-curtis

Publicidade
Díaz-Caso foi unha figura moi querida e respectada tanto polo seu labor educativo como polo seu compromiso humano e profesional, deixando unha fonda pegada entre compañeiros, alumnado e amizades. Desde a propia EFA Piñeiral de Arzúa trasladaron publicamente o seu pesar polo pasamento, destacando a súa dedicación ao ensino e aos valores que definen este modelo educativo.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Como mostra de recoñecemento e lembranza, celebrarase unha misa na súa memoria, que finalmente, será o vindeiro venres día 20, ás 12:30 horas, (e non o xoves como estaba previsto) na Igrexa Parroquial de Santiago de Arzúa, situada na Praza de Galicia.
Publicidade
Familia, compañeiros, antigo alumnado e amizades agradecen as mostras de cariño recibidas e solicitan unha oración polo eterno descanso da súa alma.








Comentarios