Edificada no século XII, esta igrexa románica situada no municipio de Palas de Rei, é o que queda do antigo mosteiro
Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

Vilar de Donas é unha parroquia que se atopa no municipio de Palas de Rei. O nome deste lugar, Vilar de Donas, responde á historia do seu templo relixioso, orixinariamente poboado exclusivamente por monxas. De feito, foi fundado por dúas mulleres da familia Arias de Monterroso e co paso do tempo pasou a pertencer á Orde de Santiago, que protexía aos peregrinos que se dirixían a Compostela.
Como recordo da relación con esta orde relixiosa e militar, consérvanse no interior do templo as lápidas dos cabaleiros de Santiago que foron soterrados neste templo.
Edificada no século XII, esta igrexa románica é o que queda do antigo mosteiro. Foi declarada como Monumento Histórico Artístico xa no ano 1931 e incorporouse ao catálogo de Bens de Interese Cultura (BIC) da Xunta de Galicia.
No exterior, os tres arcos abovedados son a parte que se conserva do claustro do antigo cenobio onde se atopan un capiteis onde están esculpidas as representacións de San Bartolomeu, San Miguel e a Virxe María co neno Xesús.
Destaca tamén a súa porta principal feita de madeira de castaño de dúas follas. A parte exterior está realizada con panos decorados con elementos de forxa, mentres que a interior está reforzada con seis travesas e listóns de madeira en cada unha das follas. A porta está pintada de cor avermellada no seu lado exterior.
Referencias do Xacobeo
Na ábside central atópase unhas pinturas góticas de enorme valor histórico-artístico. As figuras máis grandes representan a Anunciación, co arcanxo San Gabriel á esquerda e a Virxe María á dereita.
Na bóveda está plasmada unha representación do xuízo final, mentres que na parte inferior das pinturas aparece Xesús Cristo enmarcado entre os reis da época, Juan II de Castela, gran protector dos peregrinos; a súa esposa, María de Aragón, e o seu fillo Enrique, futuro rei Enrique IV, medio irmán de Isabel a Católica.
Estas pinturas, realizadas para o Ano Santo Compostelán de 1434, dá unha idea da importancia que tiña daquela, tanto este templo como a celebración do Ano Xacobeo.
Ademais, o baldaquino gótico do século XV, onde se atopa a imaxe da Virxe María, é o único en Galicia.
Misas
O horario de misas é ás 11:00 horas os primeiros venres de mes.
Máis fotografías:
Comments