top of page

A I Papanoelada Moteira Concello de Touro será o 16 de decembro

Ten carácter solidario xa que ese día recollerase alimentos non perecedoiros


Laura Moure/Touro

A I Papanoelada Moteira Concello de Touro terá lugar o sábado 16 de decembro. Está organizada por este Concello en colaboración do Motoclub Motouro. Terá carácter solidario e é imprescindible ir vestido con traxe de Papá Noel.


Publicidade

A saída será as 16:00 horas dende as inmediacións do campo da festa de Fonte Díaz. A hora da chegada está prevista para as 18:00 horas e haberá chocolatada e doces. Os interesados en participar deben inscribirse previamente no departamento de Deportes do Concello de Touro a través do teléfono 981 504 029 de luns a venres de 9 a 15 horas.


Publicidade

O teléfono para comunicar calquera incidencia durante a ruta é o seguinte 981 517 196.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page