top of page

A Gardia Civil detén á presunta autora de varios roubos no interior de vehículos en Lalín e Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Utilizando un DNI substraído nun dos coches, retirou 1.500 euros da conta bancaria do seu propietario


Ecos da Comarca/Deza

A Garda Civil detivo a unha veciña de Ribeira (A Coruña) como presunta autora da práctica totalidade dos roubos que se realizaron o pasado mes de decembro no interior dunha ducia de vehículos estacionados en garaxes comunitarios das localidades de Lalín e Silleda. As inspeccións realizadas nos vehículos pola área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Lalín foron determinantes para deducir que os roubos poderían ser cometidos pola mesma persoa, tendo en conta de que se puido constatar que en todos os feitos utilizouse un extintor para fracturar os portelos dos vehículos.

As liñas de investigación converxeron na identificación dunha muller que días despois dos roubos retirara 1.500 euros nunha entidade bancaria de Vilagarcía de Arousa, utilizando o DNI que substraera do interior dun dos vehículos afectados pola ola de roubos. Segundo as investigacións realizadas, esta persoa, primeiramente comprobou o saldo da conta nunha sucursal bancaria de Ribeira e despois desprazouse a Vilagarcía para retirar a práctica totalidade do saldo. Esta persoa foi interceptada a pasada fin de semana na área de servizos da autoestrada AP-53, en Silleda.

Trátase dunha muller de 32 anos, con último domicilio coñecido en Ribeira, con amplos antecedentes policiais, que foi detida como presunta autora dos delitos de roubo e furto de efectos no interior de vehículos, ademais doutros de estafa e usurpación de estadio civil, por utilizar a identidade doutra persoa para retirar o diñeiro do banco. No momento da detención, o vehículo que conducía quedou inmobilizado na estación de servizo, ao dar positivo indiciario en drogas nas probas que lle realizou o Equipo de Atestado do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín. A detida, xunto coas dilixencias instruídas entregouse no Xulgado de Instrución de garda de Lalín, que decretou a súa liberdade provisoria con cargos.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page