top of page

A Gardia Civil auxilia a unha persona indisposta na AP-53 á altura do municipio de Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O pasado 6 de marzo, tal e como publicamos en ECOS DA COMARCA, produciuse unha saída de vía na AP-53 á altura do municipio de Silleda. O accidente, tal e como nos informaran no seu día o 112 Galicia, debeuse a que o condutor se sentíu indisposto. Hoxe a Garda Civil conta que este foi auxiliado polos seus axentes.


O suceso ocorreu na peaxe de Lamela, na autoestrada AP-53 (Santiago-Dozón), no termo municipal de Silleda. Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín foi requirida ao atoparse un condutor indisposto, cando se dirixía de Santiago a Lalín acompañado no vehículo do seu fillo e un amigo deste, ambos os dous menores de idade.

Mentres non chegaban ao lugar os servizos sanitarios, que foran avisados previamente, os compoñentes da patrulla auxiliaron ao condutor de 48 anos, veciño da Coruña, o cal estaba consciente, con fortes dores nun costado á vez que con mareos, así como tranquilizando aos dous menores. Unha vez o condutor foi trasladado por unha ambulancia ao Centro de Saúde de Silleda, a patrulla fíxose cargo dos menores que o acompañaban ata a chegada da esposa deste, así como do pai do outro menor.

Posteriormente a patrulla acompañou á esposa do condutor asistido, a cal mostraba síntomas dun gran nerviosismo, ata o Centro de Saúde de Silleda onde estaba a ser atendido o seu marido.


NOTICIA RELACIONADA:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page