top of page

A Garda Civil recupera as bombas extraídas das depuradoras das piscinas municipais de Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada agradece o magnífico traballo realizado por parte da Garda Civil, que conseguiu recuperar as bombas das depuradoras das piscinas municipais de Agolada. O Concello decatouse de que faltaban hai un mes cando supervisaron as instalacións para organizar as tarefas de mantemento para a súa apertura.


“Agradecemos a boa labor dos axentes da Garda Civil, a súa implicación e bo facer que demostran cada día”, indica o concelleiro de Obras, Pedro García, quen se alegra do achado, que permitirá poder abrir canto antes estas instalacións públicas. Cabe mencionar que tamén faltaron tres dosificadores e medidores de cloro e o valor do subtraído se situaba entre os 15.000 e os 20.000 euros.


O Concello de Agolada intentará abrir canto antes as piscinas, porque estaba á espera da autorización da Garda Civil para proceder a colocar as bombas.


O recinto das piscinas municipais de Agolada.

Autor: Ecos da Comarca.


Pero o principal motivo que na actualidade está retrasando a apertura das piscinas municipais é a contratación de socorristas. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, resolveu aínda o pasado 28 de xuño a convocatoria de axudas deste ano destinadas aos Concellos para levar a cabo a contratación de socorristas, polo que aínda se está en fase de contratación. A Agolada concedéronlle axudas para dispoñer de tres a xornada completa durante dous meses que se encargarán das piscinas municipais e tamén da praia fluvial de Brocos.


Neste momento, estase levando a cabo o proceso selectivo para a súa contratación. Dende o Concello de Agolada agárdase que se poida levar canto antes porque son conscientes de que os veciños están desexando que abran estas instalacións.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page