A Garda Civil pilla a un mozo de Arzúa circulando a 206 Km/h na A-54, ao seu paso por Lugo
- ecosdacomarca
- 31 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa

A Garda Civil de Tráfico do subsector de Lugo anunciou este martes que os seus axentes deron recentemente cun condutor de 24 anos ao que detectaran circulando a 206 quilómetros por hora no mes de maio. A Benemérita explica que o mozo, natural de Arzúa, foi pillado por un radar móbil situado na A-54, ao seu paso por Lugo, e que non puido ser detido no momento dos feitos.
Publicidade
Por iso, a Garda Civil emprendeu unha investigación que deu os seus froitos esta semana. O piloto foi detectado a esa velocidade nun tramo limitado a 100 km/h, polo que duplicaría a limitación máxima permitida. Foi sorprendido en dirección á cidade de Lugo.
Publicidade
A Garda Civil conseguiu identificar o mozo tras case oito meses de investigación. Tras poñerse en contacto con el, informóuselle de que está imputado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva.
Publicidade
O condutor podería enfrontarse a unha pena de prisión por estes feitos. Segundo a normativa, quen sexa detectado a unha velocidade superior a 60 quilómetros por hora en vía urbana ou en 80 quilómetros por hora en vía interurbana á permitida regulamentariamente, será castigado coa pena de prisión de ata 6 meses e, en calquera caso, coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.
Comments