top of page

A Garda Civil mostra a súa labor e medios ao alumnado do CEIP Agolada

Laura Moure/Agolada

O alumnado do CEIP de Agolada desfrutou dunha actividade moi interesante. Este luns tivo lugar unha exhibición de medios da Garda Civil na que participaron axentes do Equipo Roca, do Seprona, Tráfico, Seguridade Cidadá e o Plan Director da Compañía da Garda Civil de Lalín, que fixeron pasar unha moi boa xornada aos 75 escolares. Esta iniciativa estivo organizada pola ANPA do centro educativo.

Os axentes mostráronlles aos cativos parte dos medios dos que dispoñen para garantir a seguridade cidadá. "Déuselles unha pequena charla sobre como capturar un animal, como identificar un animal perdido, como se procede para sinaliar un incendio e incluso, se hai algún problema que deben chamar ao 112 onde a Gardia Civil sempre lles prestará axuda. Ademais indicáronlles que se se perden que se acerquen a eles con confianza xa que encontrarán un amig@ para localizar aos seus familiares", conta a ANPA Aquam Lata.


Así mesmo puideron levar á practica a labor destes profesionais, xa que como indica a asociación de nais e pais permitíronlles usar as proteccións, porras, as sirenas, subir ás motos, sacar huellas ou incluso, facer un control de alcoholemia.


"Agradecer á Garda Civil todo o aprendido e a diversión nesa mañá", agradece a ANPA.

"Trátase dunha das actividades incluidas no “PLAN DIRECTOR PARA LA CONVIVENCIA Y MEJORA DE LA SEGURIDAD EN LOS CENTROS EDUCATIVOS Y SUS ENTORNOS” que se vén realizando na provincia anualmente", explica a Garda Civil de Comandancia de Pontevedra.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page