A Garda Civil investiga a un veciño de Sobrado como presunto autor dun delito de incendio forestal
- ecosdacomarca

- 26 mar
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Sobrado
O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña investiga a un home como presunto autor de 1 delito de incendio forestal por imprudencia. Os feitos ocorreron tras ter coñecemento os compoñentes da mencionada Unidade da existencia dun incendio no termo municipal de Sobrado dos Monxes o 19 de marzo deste ano.

No transcurso da investigación, os gardas civís actuantes pescudaron que a orixe do mesmo era a realización dunha queima de restos de poda e forestais procedentes da limpeza de parcelas propiedade do investigado, a cal carecía de autorización e das medidas de seguridade necesarias.
Publicidade
Durante a queima o home ausentouse do lugar para dirixirse á súa vivenda situada na mesma parcela, deixando a queima sen ningún tipo de supervisión. Mentres se atopaba no interior, o lume estendeuse á vexetación circundante afectando a outra parcela lindeira, non alcanzando gran extensión grazas á rápida intervención dos veciños que tiveron o incendio controlado ata a chegada dos medios de extinción.
PUBLICIDADE
A Garda Civil procedeu á investigación do home como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia. Os incendios forestais non só destrúen a flora e a fauna, senón que tamén poñen en risco a seguridade das persoas e as súas propiedades. Por iso, reitérase o chamamento á cidadanía para que colabore na protección dos nosos montes. A prevención e a colaboración son esenciais para evitar estes delitos. Se observa calquera actividade sospeitosa ou ten información sobre un incendio, contacte coa Garda Civil a través do teléfono 062 ou calquera outro canle de denuncia.








Comentarios