Esta persoa foi identificada o pasado 25 de agosto tras producirse un lume no lugar de Mosteiro, que arrasou 0,13 hectáreas de zona arbolada
Ecos da Comarca/Dozón
A Gardia Civil investiga a un veciño de Dozón de 69 años ao que se relaciona con catro incendios forestais que se produciron neste municipio dezá dende o pasado mes de abril.
Os axentes conseguiron identificar a esta persoa durante a investigación dun lume que tivo lugar o pasado 25 de agosto nos montes do lugar de Mosteiro, na parroquia de Dozón. Este calcinou 0,13 hectáreas de zona arbolada.
Como resultado dos dispositivos de vixilancia e das indagacións que se levaron a cabo, a Benemérita comprobou que o investigado, que reside no entorno do lugar do suceso, foi o que presuntamente provocou o incendio.
Ademais deste feito, a este veciño tamén se lle imputa presuntamente a autoría doutros tres lumes, ocurridos na mesma zona dende o mes de abril.
A Gardia Civil entregou as dilixencias practicadas no Xuzgado de Instrución número 2 de Lalín.
Comments