top of page

A Garda Civil investiga a un falso veterinario e esclarece dous presuntos delitos de falsificación de documento público e de intrusismo profesional

Ecos da Comarca/Xeral

O Equipo EBIO da Garda Civil de Caldas, xunto co SEPRONA de Vilagarcia investiga a unha persoa que se fai pasar por veterinario e realiza labores de vacinación, polo que se lle atribúen os delitos de falsificación de documento e de intrusismo profesional.

A investigación iníciase tras a denuncia dun veterinario colexiado da comarca do Umia, o cal dá a voz de alarma ao atopar cartillas de vacinación de cánidos nas que observa o seu selo, os datos de colexiado e unha firma que estaban a ser falsificados e utilizados para realizar labores de veterinario por outra persoa.


Tras diferentes pescudas identifícase ao falso veterinario, un home de 55 anos, veciño da Estrada, con antecedentes policiais por outro tipo de feitos, que rexenta unha tenda de venda de animais en Ames ( A Coruña), onde ademais suministra vacinas carecendo da titulación necesaria para exercer como veterinario.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As dilixencias instruídas entréganse no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Garda de Santiago de Compostela (A Coruña), onde comparecerá o investigado cando sexa requirido para iso

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page