Suplantaron a identidade dunha empresa de Sanxenxo para pedir diñeiro aos seus clientes
IsmaelRS/Xeral

A Garda Civil identificou a dous veciños de Murcia, de entre 27 e 45 anos, con amplos antecedentes policiais, segundo alegan autores de diversos delitos de estafa cometidos a través dunha liña de mensaxería móbil.
As investigacións realizadas por membros do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo, comezou a mediados do ano pasado a consecuencia da denuncia presentada polo representante dunha empresa de marisqueo no municipio, como consecuencia das ciberestafas que varios dos seus clientes sufriran por persoas que suplantaban a identidade da empresa.
Segundo as investigacións realizadas, os presuntos ciberdefraudadores conseguirían piratear as liñas telefónicas da empresa para introducrise no seu perfil de WhatsApp e acceder así aos contactos dos seus clientes.
A través desta liña de mensaxería móbil dirixíronse a varios contactos nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo para pedirlles, en nome da empresa, o ingreso urxente de 500 euros en metálico para facer fronte a unha emerxencia laboral. Deste xeito, e a través do engano, conseguiron obter o diñeiro das súas vítimas cuxo importe supera os 3.500 euros.
Coa estreita colaboración do Equipo @ da Garda Civil de Murcia, púidose descubrir que o diñeiro estafado que ingresaron, foi derivado posteriormente á conta corrente dunha cidadán de nacionalidade romanesa, xa identificada, cuxo paradoiro se descoñece, sobre a que recaen varias demandas legais por ilícitos similares cometidos en toda a xeografía nacional.
Os feitos investigados foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Cambados, onde deben comparecer os presuntos autores cando sexan requiridos. A investigación aínda está aberta para descubrir se hai outras persoas ou entidades empresariais afectadas.
Comments