top of page

A Garda Civil intercepta en Silleda ao condutor dun camión de gran tonelaxe positivo en alcoholemia

Duplicaba a taxa máxima permitida para conducir este tipo de vehículos


Ecos da Comarca/Deza

O pasado día 15 do actual mes, patrullas do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín, durante un control levado a cabo no quilómetro 27,500 da autoestrada AP-53, termo municipal de Silleda, deron o alto a un camión de gran tonelaxe, cuxo condutor, de naconalidad búlgara, de 56 anos, deu positivo en proba de alcol, cun resultado de 0,34 mg/l en aire expirado, duplicando a taxa máxima permitida para este tipo de vehículos que é de 0,15 mg/l, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra.

O feito implica unha infracción moi grave, que supón unha sanción de 1.000 euros (500 € coa redución do 50%), así como unha detracción de seis puntos do seu permiso de condución, sendo inmobilizado o vehículo no lugar ata que desapareceron as causas que motivaron dita inmobilización.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page