top of page

A Garda Civil intercepta en Silleda a un camión que circulaba coa inspección técnica negativa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ademais, presentaba graves deficiencias técnicas que comprometían á seguridade vial


Ecos da Comarca/Silleda

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín intercepta o pasado venres un camión nun control en Silleda. Compróbase que o vehículo circula coa inspección técnica negativa e con graves deficiencias, incumprindo as condicións técnicas que garanten a seguridade viaria.

Estes feitos causan un risco á circulación, e están tipificados no artigo 10 apartado 1 opción 5B do Regulamento Xeral de vehículos. Por iso confecciónase un boletín de denuncia, quedando o vehículo inmobilizado no lugar, de conformidade co disposto no artigo 104.1 da Lei de Tráfico e Seguridade viaria, sendo retirado posteriormente por un vehículo guindastre.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O citado camión tamén é denunciado por circular carecendo dos extintores regulamentarios. O condutor foi sometido ás oportunas probas de alcol e drogas, con resultado negativo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, lémbrase a importancia de circular co vehículo en perfectas condicións técnicas de seguridade, para evitar poñer en risco ademais dos ocupantes do vehículo aos demais usuarios da vía. Especialmente coidar no inverno o correcto estado de pneumáticos para unha correcta adherencia en condicións climatolóxicas adversas, así como un bo estado dos limpiaparabrisas para unha visión diáfana da estrada.



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page