Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Garda Civil e a Policía Local dan a coñecer a súa labor no centro escolar de Palas de Rei

Laura Moure/Palas de Rei

Unha unidade de axentes da Garda Civil da Comandancia de Lugo e da Policía Local de Palas de Rei desprazáronse ao CEIP de Palas de Rei para dar a coñecer e explicar o traballo diario que desenvolven.


Para isto instalaron no patio do centro educativo os vehículos, cos que habitualmente realizan as súas tarefas de vixiancia e seguridade, onde ofreceron a posibilidade aos nenos/as de Infantil e primeiro e segundo de Primaria de tomar un primeiro contacto cos mesmos. A súa vez, impartiron sendas xornadas formativas dirixidas a previr e tratar situacións de acoso escolar ao alumnado de quinto e sexto de Primaria e sobre seguridade vial para os de primeiro de Bacharelato do IES do Camiño.

Os axentes co alumnado de Palas de Rei.

Estas actividades formativas están enmarcadas dentro da actividade do Plan Director para a Mellora da Convivencia e Mellora de Seguridade do Centros Educativos e os seus entornos, que a Garda Civil ten en funcionamento a nivel nacional.

99 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE