top of page

A Garda Civil detivo en Melide a un mozo por un delito de tráfico de drogas

Ecos da Comarca/Melide

A Garda Civil de Santiago de Compostela detivo na localidade de Melide a un home de 19 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

foto

A actuación enmárcase dentro do Plan Operativo de Resposta Policial ao Tráfico Retallista e Consumo de Drogas en Zonas de Lecer, desenvolto pola Comandancia da Coruña.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante un operativo de vixilancia, os axentes detectaron nunha praza do centro urbano a un grupo de mozos en actitude sospeitosa, nas proximidades da zona de lecer. Ao proceder á súa identificación, comprobouse que un deles portaba unha dose de haxix que, supostamente, acababa de adquirir ao agora detido.

Tras un rexistro superficial, interviñéronselle 43 gramos de haxix, unha báscula de precisión e diñeiro fraccionado, presuntamente procedente da venda da substancia estupefaciente. Este tipo de actividades xerara unha grave alarma social en Melide, ao estar supostamente vinculadas ao aumento de liortas e furtos na zona de lecer nocturno da localidade.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O detido enfróntase a unha posible condena de 1 a 3 anos de prisión e a unha multa equivalente ao valor da droga incautada. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución nº1 de Arzúa, que se fai cargo do caso.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page