top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil detivo a unha veciña de A Estrada como presunta autora dun delito de estafa

Ecos da Comarca/Xeral

O Equipo @ Milladoiro da Comandancia da Garda Civil da Coruña, especializado en asesoramento, prevención e resposta en materia de ciberdelincuencia, detivo a unha muller da Estrada como presunta autora dun delito de estafa na fase de explotación da investigación Vacamar.


Publicidade

A mencionada investigación iniciouse por mor da denuncia interposta polo propietario dun establecemento de venda de electrodomésticos, nas dependencias oficiais da Garda Civil de Boiro. Na mesma comunicaba que a detida realizara unha compra de electrodomésticos por valor de 5.000 euros e que ese mesmo día retirou da tenda dúas Smart TV e unha aspiradora, valorados en 1.093 euros, ademais de 35 euros en efectivo, simulando para iso realizar unha transferencia co seu móbil ao número de conta facilitado polo denunciante.


Publicidade

No transcurso da investigación, os compoñentes do Equipo@ Milladoiro constataron a veracidade dos feitos expostos, logrando, tras a análise minuciosa da información solicitada, a localización e recuperación dos electrodomésticos e o efectivo estafados. A Garda Civil procedeu á detención desta muller como presunta autora dun delito de estafa e á restitución dos efectos incautados ao seu lexítimo propietario.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page